Saltar ao contido

Estreliña riscada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estreliña riscada

Macho en Inglaterra
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Regulidae
Xénero: Regulus
Especie: R. ignicapilla
Nome binomial
'Regulus ignicapilla'
(Temminck, 1820)
Disrtibución aproximada      Verán      Todo o ano      Inverno
Disrtibución aproximada
     Verán
     Todo o ano
     Inverno

Disrtibución aproximada
     Verán
     Todo o ano
     Inverno
Regulus ignicapilla.

A estreliña riscada ou estreliña común (Regulus ignicapilla) é un dos paxaros máis pequenos de Europa, aínda máis que o seu parente a estreliña do norte, á que se semella moito.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son paxaros duns 9 cm de lonxitude que pesan só entre 4 e 6,5 gramos. Ten unha envergadura de ás que vai dos 13 ós 16 cm. O seu aspecto é moi semellante ó da estreliña do norte: teñen o lombo verde amarelado, a barriga gris, as ás son máis escuras e teñen dúas listas brancas. A súa marca distintiva é a lista branca que lles vai sobre os ollos, que é algo máis intensa de cores que na outra especie. A liña negra sobre esta lista branca está algo máis marcada que na estreliña do norte. Os dous sexos son case iguais, agás pola pequena crista que teñen na cabeza e que erguen na época reprodutora, que nos machos é alaranxada e nas femia máis amarelada.

Aliméntanse de arañas, insectos e larvas.

A estreliña de Madeira, antigamente considerada unha subespecie (R. i. madeirensis) da estreliña riscada, é agora considerada unha especie independente co nome científico de Regulus madeirensis. Ten unha lista superciliar máis curta, a crista é dun laranxa máis escuro e o bico máis longo.

Viven en bosque de coníferas ou mixtos e en parques. Non dependen tanto do bosque de coníferas como a estreliña do norte e a súa área de distribución non chega tan ó norte coma a desta. Viven preferentemente no sur e centro de Europa. As aves das zonas de distribución máis setentrional son migratorias.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Regulus ignicapilla

Os niños, que teñen forma de bóla, están feitos con musgo, liques e teas de araña. Son construídos polas femias que os penduran case sempre na parte inferior dunha póla. Poñen entre sete e once ovos, que chocan as femias unhas dúas semanas. Os pelachos voan aos 17 días de nacidos. Habitualmente crían dúas niñadas ó ano.

Nomes vulgares noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Sommergoldhähnchen
  • Asturinao: Reyín
  • Catalán: Bruel
  • Español: Reyezuelo listado
  • Éuscaro: Erregetxo kaskagorri
  • Francés: Roitelet triple-bandeau
  • Inglés: Firecrest
  • Italiano: Fiorrancino
  • Neerlandés: Vuurgoudhaantje
  • Polaco: Zniczek
  • Portugués: Estrelinha-de-cabeça-listada
  • Sueco: Brandkronad kungsfågel

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]